As actividades desenvolveranse nas parroquias de Cesantes, Chapela, Reboreda, Saxamonde e Redondela os días 21, 22, 23 e 28 de marzo entre as 9:30 e as 13:30 horas e están orientadas a rapaces que teñan entre 4 e 14 anos de idade. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello dende o martes día 1 de marzo ao luns 14. En total ofértanse 100 prazas.
As actividades que organiza a Concellería da Muller desenvolveranse durante o período non lectivo de Semana Santa no centro cultural de Cesantes, na sociedade labrego cultural de Reboreda, no centro cultural Chan das Pipas de Saxamonde e nos Multiúsos de Chapela e Redondela. Concretamente os días previstos son o luns, martes e mércores 21, 22 e 23 e o luns 28 de marzo.
Para a convocatoria de Semana Santa con Simona convócanse 100 prazas, dez das cales estarán reservadas a persoas derivadas dos Servizos sociais. Tamén se inclúen un mínimo de 5 prazas para nenos e nenas con necesidades de atención especializada.
Poderán participar rapaces que teñan cumpridos 4 anos no momento da convocatoria e ate os 14 anos de idade e cuxo pai ou nai leven como mínimo un ano empadroados en Redondela.