Os homes de Fran Teixeira cumpriron co guión e impuxéronse sen problemas ao Poio, pechacancelas do grupo. A SAR Plastic Omnium perdeu por un gol ante o Magope. Na División de Honra feminina o Rodosa Chapela acadou unha importante vitoria en Santander e a SAR Rodavigo perdeu en Palencia.
Balonmán Primeira Nacional Masculina
Poio 19-32 Construcións Castro Chapela
Partido de trámite onde non houbo sorpresas e se cumpriron as previsións, ao enfrontarse o líder ao último do grupo. Os de Fran Teixeira non deron opcións e deixou claro en todo momento que era moi superior ao seu rival. Na próxima xornada o partido será máis disputado, xa que reciben en Chapela ao At. Novás, terceiro do grupo.
Magope Seis do Nadal 22-21 SAR Plastic Omnium
Aos redondeláns o empate escapóuselles en Coia no últimos suspiro. Un gol de Iván a falta de catorce segundos deu a vitoria ao Magope Seis do Nadal nun partido moi igualado. Na próxima xornada os de Carlos Rey reciben ao Lalín, outro dos equipos fortes do grupo.
Balonmán División de Honra Prata Feminino
Palencia Turismo 35-28 Rodavigo SAR
A situación na táboa facía pensar nun partido máis igualado, pero o bo arranque das de Palencia permitiulles sumar un 6-1 ao comezo do partido, o que deixaba o encontro encarrilado para a vitoria local. A próxima semana teñen xornada de descanso.
Uneatlántico Pereda 20-21 Rodosa Chapela
Importantísimo triunfo do Chapela en Santander para escapar da cola da clasificación. Máis difícil terán un resultado positivo a próxima fin de semana, cando reciben ao Lanzarote, segundo do grupo.