Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium busca frear a mala racha de resultados ante o Lalín

RR_Noticias

Logo de sufrir unha derrota ante o Magope nos últimos segundos, os pupilos de Carlos Rey asumen o reto de buscar un resultado positivo ante o Embutidos Lalinenses. Confían no apoio da súa afección no pavillón novo de Redondela, e pelan á sorte que lles fallou en Coia.

Regresaron do partido ante o Seis de Nadal coa sensación non de ter perdido un empate, senón unha vitoria, xa que os redondeláns puxéronse por diante na recta final do partido. E nos últimos segundos chegou o empate a logo o gol da vitoria para o Magope. Con todo, o adestrador amósase satisfeito co rendemento do equipo, resentido polas baixas, pero que afronta cada partido “con traballo e ilusión”, malia que non os está a acompañar a sorte, xa que levan encaixadas varias derrotas en partidos “moi axustados” que se decidiron nos últimos segundos. E o sábado non o van a ter fácil, xa que visita o pavillón novo de Redondela o Embutidos Lalinenses, actualmente na cuarta praza do grupo. Para Rey son un dos equipos “máis completos e equilibrados da competición”, pero confía na calidade dos seus pupilos. Lembra que a Lalín a piques estiveron de dar a sorpresa no partido de ida, e agarda que neste de volta na casa a balanza poida inclinarse do lado da SAR. O encontro disputarase o sábado ás 18.30 horas no pavillón novo. Á mesma hora xoga en Chapela o Construcións Castro, que recibe a outro rival de nivel, o At. Novás, terceiro do grupo.  

Carlos Rey adestrador da SAR
O técnico confía na calidade do seu equipo.
Magope – SAR
Os redondeláns perderon o partido de Coia nos últimos segundos.
SAR – Lalín
Rey confía en facer un partido competitivo ante o Lalín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará