Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contratará 27 parados de forma temporal

RR_Noticias

A selección de persoal levarase a cabo a través dos Servizos de Emprego. O concello solicitará a este servizo persoal para realizar diferentes tarefas en diversas áreas muinicipais durante un período que oscila entre os sete e os nove meses. A oferta de emprego inclúe dous peóns de limpeza, un ferreiro, un carpinteiro, un fontaneiro, dous albaneis, dous obreiros de vías e obras, tres administrativos, cadro ordenanzas, catro conserxes, tres guías turísticos, un técnico de control ambiental e dous administrativos.

O Concello de Redondela contratará nos vindeiros días 27 persoas en situación de desemprego logo de serlle concedida a solicitude que presentou na Deputación dentro do Plan Concellos 2016 dotada con 252.025 euros.A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre as persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros).Solicitaranse diferentes oficios entre eles: ordenanzas, conserxes, administrativos, ferreiro, electricista e albaneis cun contrato de 9 meses de duración a xornada completa, agás no caso dos administrativos que terán un contrato de 7 meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará