Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP defende o traslado de servizos sociais ao Multiúsos

RR_Noticias

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Amoedo asegura que o Multiúsos da Xunqueira, unha vez realizadas as obras previstas, é o espazo máis axeitado para albergar os Servizos Sociais ao tratarse “dunhas instalacións adaptadas e cunha maior capacidade respecto das oficinas actuais”. Responde así ás críticas dos socialistas que cualificaban de pouco axeitado este lugar “por non ter a privacidade suficiente para desenvolver esta atención”. O PSOE propón como alternativa a antiga Casa do mar na Marisma “unha alternativa que non é posible xa que o edifico non se atopa neste momento en situación de ser cedido” segundo explican os populares.

En canto á suposta falta de privacidade das instalacións do Multiúsos para albergar os servizos sociais explica Carmen Amoedo que “os usuarios de Benestar Social, non son persoas que teñan que estar marxinadas, nin ocultas do resto da sociedade”. Engade, con todo, que o traslado farase despois de facer as obras necesarias para que o servizo quede “completamente independente, co arquivo necesario e co espazo que necesitan as traballadoras para dar un servizo óptimo aos usuarios”. Explica a edil responsable deste departamento que “como a súa propia definición di é un edificio multiúsos é alí fanse todo tipo de actividades dende cursos do departamento de emprego, clases de memoria da concellería de Benestar social, charlas culturais, etc, polo que pode usarse para calquera actividade relacionada co Concello”.
O goberno local engade que o cambio de ubicación responde a que o espazo actual “habilitado polo bipartito, é un espazo con escasa capacidade, cunha sala de espera que está directamente colocada nas escaleiras da entrada e cunha nula accesibilidade, xa que carece de rampla ou elevador, ademais de atoparse no centro da vila, lonxe desa privacidade que os socialistas agora demandan”.
Explican que “o custe das obras (50.000 euros) é o adecuado e dende logo non lle resta un euro as partidas de Servizos Sociais que neste novo presuposto incrementáronse de forma notoria”
Sobre a alternativa proposta dende as filas socialistas, sobre a posibilidade de trasladar estas oficinas á antiga casado mar na marima, conclúe Carmen Amoedo afirmando que esa proposta “é imposible de levar a cabo, xa que o edificio non se atopa situación de ser cedido”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará