Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos fraternal

RR_Noticias

Choco e Alondras empataron cun marcador de 2-2 que non satisfai a ningún dos equipos. Logo dunha primeira parte de moitas ocasións, nas que se anotaron os catro goles, a segunda metade estivo marcada polas cartolinas e as expulsións.
Terceira División

Choco 2-2 Alondras
O partido enfrontaba ao Choco, equipo que adestra Jacobo Montes, co Alondras, conxunto de Jacobo Montes, ex técnico do conxunto redondelán e irmán do actual adestrador choqueiro. O partido comezou con fútbol moi rápido. Antes do primeiro minuto Silva aproveitou un balón en longo de Yago, sorprendeu as centrais do Alondras, superar ao porteiro visitante e enviou o balón ao fondo da rede. A vantaxe durou pouco, porque aos tres minutos chegou o gol do empate de Joni, logo dun erro na saída de Cortegoso. O partido seguiu cun ritmo frenético. Ao cuarto de hora, apareceu Agujetas, aproveitou unha falta na frontal para superar a barreira e ao porteiro redondelán foille imposible deter o balón. Houbo outra ocasións do Alondras, pero chegou Cortegoso. Logo foi o Choco o que anotou a igualada, a dous minutos para o descanso. Fernando gañou a liña de fondo e puxo o pase atrás para a chegada de Hugo, que anotou o 2-2. O segundo tempo foi diferente, con varios cartóns para o Choco. O colexiado expulsou a Gándara no inicio do segundo acto e Marcos Montes moveu o banco para levar ao equipo atrás. Pasou a ter a posesión o Alondras, pero non estivo acertado de cara ao gol. A dous minutos do final, o equipo de Redondela quedaba con nove homes ao ver o segundo cartón amarelo Xosé Ramón. Con dous homes menos, ao Choco tocáballe aguantar, e conseguiuno. Aínda houbo tempo para que o colexiado expulsara no desconto a Fiuza, do Alondras. Ademais, os locais Félix e Carminati foron amoestados. Non poderán xogar o vindeiro partido co Choco ao cumprir ciclo de cartóns amarelos. O empate deixa ao equipo de Redondela terceiro, en zona de promoción de ascenso. O domingo xoga no campo do pechacancelas, o Noia.
Segunda Autonómica

Choco B 2-1 Santa Mariña
Nieto 4-2 Chapela
Próxima xornada Chapela-Teis, S.Miguel -Choco
Terceira Autonómica

Pontecaldelas 3-0 Cesantes

Sampaio 7-0 Peña Beretes Chapela

Atl. Vilar 3-2 Oiense

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará