Zapatillas deportivas, roupa, complementos, gafas de sol, viño ou incluso billetes de lotaría, son algún dos produtos que podemos atopar no comercio local e que contan tamén con promoción específica a través das redes sociais. A Asociación de empresarios ven de publicar un catálogo virtual que facilitará aos clientes a elección dalgún agasallo para o día do Pai.
Nesta primeira edición do catálogo xa foron 20 os establecementos que tomaron parte da iniciativa, coordinándose para estar a altura dos mais grandes e publicitar a través deste catálogo conxunto unha ampla variedade de opcións para consumir no comercio local. Esta iniciativa contribúe a súa vez a mellor a imaxe do pequeno comercio ao por a súa disposición anuncios individualizados de calidade profesional.
O catálogo pódese consultar no enderezo: