Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Mougán “Queremos motivar ás mulleres a facer deporte”

RR_Noticias

O novo pavillón A Marisma de Redondela acolle na tarde do domingo unha xornada deportiva orientada especificamente ás mulleres. Organizada conxuntamente polas Concellería de deporte e Igualdade, o obxectivo é motivar e animar ás mulleres, independentemente da súa idade, a achegarse á práctica deportiva dun xeito lúdico e divertido. Unha actividade que arrancará ás 17:00 horas e que conta coa colaboración de diferentes clubs deportivos do concello.

A concellería de deportes será e encargada de organizar, en colaboración coas clubs de Fútbol sala, balonmáns, baloncesto e baile unha xornada de deporte que busca “vincular o día da muller coa vida e práctica deportiva feminina”. Unha master class que se desenvolverá dende as 17:00 ás 20:00 horas o domingo día 13 no novo pavillón da Marisma e na que poderán participar mulleres de todas as idades. O responsable deste departamento, Julio Mougán aproveitou para lembrar que a día de hoxe “os dous equipos que militan na máis alta das categorías son precisamente equipos femininos, en referencia aos clubs Sar Rodavigo e Rodosa Chapela, ambos os dous na División de Honra Prata Feminina.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Un cita co deporte feminino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará