Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta pon ao CEIP Laredo como exemplo de compromiso co medio ambiente e os valores

RR_Noticias

O colexio de Chapela puxo en marcha o proxecto “Esencia Laredo”, unha microempresa de cosmética natural na que os alumnos elaboran e comercializan os produtos. A Xunta de Galicia elixiu este centro para ser a sede da firma dun convenio entre as consellerías de Educación e Medio Ambientepara o fomento de actuacións educativas de carácter medio ambiental.

O CEIP Laredo foi esta mañá o escenario elixido pola Xunta de Galicia para asinar un convenio de colaboración entre as consellerías de Medio Ambiente e a de Educación para o fomento de actuacións educativas de carácter medio ambiental. Os conselleiros responsables das dúas áreas, Beatriz Mato e Román Rodríguez achegáronse a Chapela para este “acto simbólico”. Na firma do documento Mato salientou a importancia de que, desde os centros de ensino, se promova a conservación da natureza, xa que é “preservar o futuro e o territorio” dun xeito responsable e sostible. No programa están inscritos colexios de toda Galicia, con diferentes proxectos nos que participan 6.000 alumnos. No caso do CEIP Laredo traballan no programa “Eduemprende” coa posta en marcha do proxecto “Esencia Laredo”, unha empresa na que participan alumnos de 5º e 6º do primaria e que se dedica á elaboración e comercialización de cosméticos naturais. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, puxo como exemplo o traballo do colexio de Chapela, onde se fomenta non só o coñecemento, senón tamén valores como o respecto á natureza, a posta en valor dos recursos naturais e a solidariedade. Un xeito máis, segundo o conselleiro, de “sensibilizar” á cidadanía na necesidade de preservar o noso medio ambiente. Esencia Laredo O director do CEIP Laredo, Abrahan Domínguez, explica que coa microempresa educativa “Esencia Laredo” os alumnos aprenden de primeira man a experiencia de converterse en emprendedores. Son os rapaces de entre 10 e 11 anos os encargados de producir, promocionar e vender as súas colonias, xabróns e outros produtos manufacturados, como pulseiras e marca-páxinas. Todo o proceso se realiza de xeito sostible e ecolóxico, e os alumnos cultivan no centro as plantas aromáticas. O prezo dos artigos varía entre 1 e 3,5 euros, e os cartos recadados coas vendas terán unha finalidade solidaria. Colaborarán coa asociación Amencer, de familias con nenos con necesidades educativas especiais. Esta asociación de Pontevedra é ademais a encargada de realizar os paquetes e embalaxes nos que se comercializan os cosméticos artesanais.

Beatriz Mato conselleira de Medio Ambiente
Mato valora o traballo do CEIP Laredo onde se promove a conservación da natureza.
Román Rodríguez conselleiro de Educación
Román aposta pola colaboración entre as dúas consellerías para promover actuacións educativas de carácter medioambiental.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará