Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios de Chapela únense para dar maior entidade á “unha parroquia dividida”

RR_Noticias

A singularidade territorial de Chapela cunha vía de tren e unha autoestrada que a divide marcan tamén a súa evolución empresarial e comercial. Pouca unión e pouca comunicación entre os propios interesados impide que se poñan en marcha accións conxuntas encamiñadas a promover o comercio e a hostalaría e que sirvan de foco de atracción para posibles clientes. Dende a directiva da asociación de empresarios están a camiñar na adopción de medidas que terminen con esta situación. Confían ademais que a cuestión puramente territorial poida solucionarse co novo PXOM.

Unha das primeiras medidas adoptadas pola nova directiva da Asociación de empresarios de Redondela  foi crear unha comisión específica para Chapela co obxecto de exportar a esta parroquia o modelo de xestión do Centro Comercial aberto que funciona no casco urbano de Redondela así como poñer en marcha iniciativas específicas para esta zona con características particulares. Esta comisión reuniuse o pasado luns con medio cento de empresarios, comerciantes e hostaleiros e puxeron sobre a mesa as necesidades que arrastra Chapela e que están marcadas pola súa división territorial. Entenden que hai que loitar porque o novo PXOM, en fase de elaboración, dea resposta e esta división que está a lastrar o desenvolvemento comercial da parroquia. Así o entende Carlos Rodríguez membro a asociación de empresarios. No ámbito da hostalaría márcanse como prioritario “promover en Chapela eventos que sexan complementarios aos que se fan en Redondela, e dicir, organizar actividades culturais e festivas que sirvan para atraer público doutras parroquias e incluso de Vigo. Promoverán tamén en colaboración coa administración os recursos naturais e turísticos da zona. Rodríguez pon como exemplo a ruta da auga “a nosa idea e que se comunique cos muíños do Fondón e convertela nun atractivo turístico como se ten feito noutras zonas cunha xeografía moio menos agraciada ca nosa”.  

Carlos Rodríguez Asociación Empresarios
É necesario unir a parroquia
Atraer público e clientes
Organizar actividades culturais e festivas
Promocionar os recursos naturais
Ampliar a senda da auga

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará