Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de Quintela corrixe o fallo no clorímetro pero o subministro de auga seguirá cortado

RR_Noticias

Un fallo no clorímetro foi o causante da contaminación da auga no Colexio de Quintela que obrigou pechar a subministración para evitar a inxesta de auga por parte do alumando do centro. O problema, que provocou que as doses de cloro non se fixeran correctamente “alterando o ciclo de cloración e aparecendo bacterias de e-coli na auga da billa”, está xa subsanado, pero dende a Concellería de ensino confirman que as análises seguirán realizándose durante toda a Semana Santa para garantir “ao 100% a salubridade da auga”. O Concello descarta conectar este centro educativo á rede de saneamento, tal e como demandaban os socialistas.

O sistema de cloración está xa funcionando en condicións e as últimas análises e controis confirman que a auga xa se está clorando correctamente. Con todo e por precaución, a concelleira Teresa París explica que “as billas do centro permanecerán pechadas ata a volta de vacacións e durante a vindeira semana continuarán facéndose análises e medicións”. Dende o Concello descartan realizar unha conexión á traída para evitar que teña que abastecerse a través do depósito, tal e como así o demandaban dende o PSOE, porque o custe da obra sería practicamente inviable tendo en conta que “a conexión ten que vir dende moi lonxe, atravesando estradas provinciais e fincas privadas”. Entende a concelleira que a solución máis axeitada, tal e como así o indican os técnicos municipais, é intensificar os controis. Lembra a edil que por tratarse dun centro que xa ten presentado numerosos problemas nos últimos anos xa hai colocados uns bidóns permanentes nos corredores do colexio que proporcionan auga potable ao alumnado.    

Teresa París concelleira de Ensino
Fallo no clorímetro
Incrementar os controis
Manteranse as medicións durante toda a semana santa
Conexión á traída
A obra sería moi custosa
Auga potable
Os bidóns colocados nos corredores do colexio garanten que os nenos teñan acceso a auga potable

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará