Os de Juan Nogueira non o tiñan doado, xogaban fóra da casa e facíano cun dos equipos fortes da categoría, o Cereixa. Con todo, foron quen de vencer o encontro por 3-5. Tropezo do Arealonga ante o Leis Marcón, que logrou a vitoria pola mínima nun partido que rematou co resultado de 4-3.
Mal partido o xogado este domingo polo Arealonga contra o Leis en Pontevedra. Impresionante actuación do porteiro do Leis e mal xogo o realizado polos xogadores do equipo de Chapela, fixeron inevitable a derrota. De feito, os locais chegaron a contar cunha vantaxe de catro goles, logrando o Chapela remontar ao 4-3 definitivo. Derrota que deixa ao Arealonga na sexta praza do grupo cunha semana de descanso para recuperarse e enfrontar con gañas a súa seguinte cita ante o Lume Bamboo.
Mellor lle foron as cousas ao Redondela, equipo que tiña unha cita complicada, ao xogar fora da casa cun dos equipos que aspira a lograr o título de liga, o Cereixa Gondomar. Con todo, os de Juan Nogueira non se acovardaron e lograron facerse cos puntos en xogo ao vencer por 3-5. A próxima cita será xa á volta das vacacións cun equipo moi necesitado de puntos, o Mondariz.
O Campito encadea dúas semanas de descanso, non xogaba esta fin de semana e volverá á competición o vindeiro 2 de abril. Xogará contra o pechacancelas do grupo o Baíña.