Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de ximnasia cerebral en Chapela

RR_Noticias

O círculo cultural de Chapela organiza un taller de memoria orientado a persoas maiores de 40 anos que queiran manter, estimular e adestrar a memoria, a atención, a concentración e demais funcións cognitivas. O curso, que se impartirá a partir do 5 de abril, inclúe unha xornada previa hoxe martes ás 19:00 horas, para informar a todos os interesados da actividade e dos obxectivos que se persegue coa mesma.

Fátima Castro Castiñeiras, diplomada en terapia ocupacional, será a encargada de impartir o taller que se desenvolverá os martes e xoves en horarios de 19:00 a 20:00 horas e que ten un custe de 20 euros mensuais. As persoas interesadas poden achegarse esta tarde ao círculo cultural de Chapela así como inscribirse na cantina do círculo ou enviar un mail cos datos do interesado ao enderezo circulo@chapela.org.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará