Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Redondela convoca seis prazas na súa oferta pública de emprego

RR_Noticias

En total son catro prazas de auxiliares de policía local, unha de profesor de violín para o conservatorio e a escola de música e unha praza a media xornada de condutor. O prazo para presentar as instancias a estas prazas varía entre os 5 e os oito días hábiles a contar a partir de hoxe 31 de marzo. As bases das convocatorias atópanse a disposición das persoas interesadas no departamento de persoal e na páxina web do concello (www.redondela.gal).

No caso de estaren interesados nas catro prazas ofertadas para auxiliar da policía local, deberán presentar a súa solicitude antes de 8 días hábiles e cumprir unha serie de requisitos como non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desenvolvemento das funcións propias dun auxiliar da policía así como ter unha estatura mínima de 1,65 metros, para os homes e de 1,60 para as mulleres. Deberán ademais superar unha serie de probas tanto físicas como de coñecementos que se realizarán con durante o proceso de selección.
Mesmo prazo de presentación, ata o vindeiro 11 de abril, é o que teñen as persoas interesadas no posto de condutor para o departamento de vías e obras. A contratación farase a través dun contrato de relevo por xubilación parcial do titular da praza, cunha persoa en situación de desemprego. A xornada de traballo será a tempo parcial (50% da xornada do titular da praza) e realizarase, en principio, por semanas alternas aínda que dita distribución pode alterarse por necesidades do servizo previo acordo coas persoas afectadas. Co resultado deste proceso configurarase unha bolsa de traballo que se utilizará para o obxecto indicado e tamén no caso de que se dea algún outro suposto legal para a cobertura do posto con carácter interino. Os aspirantes deberán estar en posesión do carné de conducir clase A, C+E e D ou equivalente
Finalmente, no caso de aspirar á praza de profesor de violín o prazo de presentación de instancias remata o 7 de abril. O obxecto é contratar a unha persoa cunha xornada de 26 horas semanais e os aspirantes deberán estar en posesión da titulación, polo menos, do título de profesor/a de violín (grado medio do plan 1966) ou título superior de violín (LOGSE) ou equivalente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará