Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco quere repetir a fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo de Marcos Montes, malia non pasar do empata a pasada xornada ante o Deportivo B, consolida a terceira praza. Os resultados dos seus rivais directos favorecen aos redondeláns, que afastan un pouco máis aos seus inmediatos perseguidores.

O 1-1 en Santa Mariña ante un rival difícil como o filial coruñés dase por bo en Redondela, logo dun partido no que o Choco acabou con 9 homes e o Depor con 10. Un punto que permite seguir soñando coa clasificación para a fase de ascenso, e que sería a segunda consecutiva para o equipo. Un fito histórico para un club que suma a súa terceira temporada en Terceira División. O público foi fundamental neste último encontro, ao presentar Santa Mariña unha entrada de case 500 espectadores. Montes recoñece que o apoio da súa afección está a ser moi positivo, malia que no club sempre queren que sexan máis os que se acheguen a arroupar aos xogadores. Agora preparan o partido do domingo no campo do Bergantiños, conxunto situado na parte baixa da táboa, e moi necesitado de puntos. O rival vén de gañar ademais no campo do Barbadás, co que suma dúas vitorias consecutivas, polo que Montes advirte que será un partido difícil. A cita é o domingo ás 17.00 horas no campo das Eiroas.  

Marcos Montes adestrador do C.D. Choco
Montes marca como obxectivo manter a praza de fase de ascenso.
Apoio do público
Cada vez son máis os afeccionados do Choco que se dan cita en Santa Mariña.
Bergantiños-Choco
O Bergantiños está na parte baixa da táboa pero nas últimas xornadas mellorou resultados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará