Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de sombras chinesas con Tanxarina

RR_Noticias

A Concellaría de Cultura abre o prazo para inscribirse en dous obradoiros de sombras chinesas, que se van desenvolver no mes de maio. Estes cursos, un de iniciación e outro de perfeccionamento, serán impartidos por Tanxarina Títeres e desenvolverase do 3 ao 6 de maio o primeiro, e do 9 ao 14 de maio o segundo, en horario de 20:30 a 22:30 h, no multiúsos da Xunqueira. A participación é de balde e está dirixida a persoas adultas (maiores de 15 anos), que se poderán inscribir a través do correo electrónico multiusos@redondela.es, ou no teléfono 986 400 106, ata o día 15 de abril.

Os contidos dos obradoiros de creación e posta en escena de “sombras chinesas” basearanse en pequenos fragmentos das obras dalgúns autores senlleiros da literatura galega (Rosalía de Castro, Roberto Vidal Bolaño, Otero Pedrayo, Cunqueiro e Castelao).
Os obxectivos desta actividade son familiarizar ás persoas participantes co xénero teatral, dunha forma próxima, didáctica e creativa; transmitir coñecementos, técnicas e experiencias para levar a escena unha obra de sombras chinesas; e coñecer dunha forma máis directa algunhas das obras senlleiras da literatura dramática.
Alén da lectura dramatizada das obras e do estudo dos personaxes, incidirase especialmente na parte técnica coa elaboración de siluetas (selección dos materiais, deseño e recorte), e a súa articulación e manipulación. Ademais de trucos de montaxe, colocación e manipulación da luz e escenificación. Ao remate da actividade formativa realizarase unha representación a cargo do alumnado, dirixida e coordinada polos membros da compañía Tanxarina, aberta ao público.
A listaxe de participantes elaborarase por rigorosa orde de inscrición, e para participar na actividade cómpre que traian algúns útiles como: cutter, goma de borrar, lapis, unha regra ou cartabón e tesoiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará