Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folk portugués con Toques do Camamulo no Multiúsos

RR_Noticias

Considerados unha das revelacións folk da música portuguesa na súa vertente máis tradicional, Toques do Caramulo chegan a Redondela da man da Rede de Música Soltas para ofrecer un concerto este sábado ás 21:00 horas. Este concerto compleméntase cunha actividade pola tarde na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, onde haberá unha parola ás 17h con Luís Fernandes.

Segundo artista internacional para esta III Rede de Músicas Soltas de Redondela cos Toques do Caramulo, unha explosión de folque serrano. Despois de 3 discos este grupo do corazón de Portugal ofrecerán neste concerto adiantos do que será o seu novo traballo. Os Toques do Caramulo reinvéntanse continuamente, facendo música nova das vellas cantigas e levando o público a sorprenderse co repertorio esquecido da Serra do Caramulo. Con amplo recoñecemento nacional e internacional, Toques do Caramulo ofrecen un espectáculo de forte enerxía musical e interacción co público, facendo de cada concerto unha grande festa para todas as idades. No escenarios están Luís Fernandes (voz, braguesa, acordeón, frauta), Pedro Martins (violino, bandolín), Alex Duarte (guitarra), Miguel Cardoso (contrabaixo) e Gonçalo Garcia (bateria). Este concerto compleméntase cunha actividade pola tarde na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, onde haberá unha parola ás 17h con Luís Fernandes, director creativo da Asociación Cultural dOrfeu, máximo exponente da dinamización cultural da rexión de Águeda. Actividade esta completamente de balde, non así o concertó que ten un cueste de 5 euros (2 euros estudantes, xubilados e desempregados). Co obxecto de promover tamén que o público máis novo se achegue a esta citas musicais, os menores de 10 anos poden acceder de xeito gratuíto. As entradas pódense retirar xa no Multiúsos.  

Olga Nogueira aCentral Folque
Fálanos do grupo que actúa o sábado 16 dentro da Rede de Músicas Soltas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará