Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes rememora o seu pasado no documental “A memoria dun pobo”

RR_Noticias

A proxección do documental no que se recollen as lembranzas e vivenzas dos veciños de Cesantes, forma parte das actividades paralelas enmarcadas dentro do festival Redondela en curto que se celebrará en Redondela entre o 21 e o 24 de abril. A longametraxe proxectarase o domingo da vindeira semana ás 12:00 horas.  A saída do barco será as 10:30 dende o pantalán do Meirande e a entrada ten un custe de 3 euros.

A guerra civil, os anos da fame, a vida cotiá, as experiencias escolares, os xogos e os anos da infancia… en torno a esa e outras experiencias falan ante a cámara máis de vinte veciños da parroquia de Cesantes de idades comprendidas entre os 80 e os cen anos. Un traballo que se poderá ver o domingo 24 na Illa de San Simón enmarcado dentro do festival Redondela en Curto. O seu director, Fernando Carreira “Cuchi” entende que sen dúbida a visita á Illa de San Simón será un dos momentos máis especiais da edición deste ano, non só polo espazo a visitar senón porque alí se proxectará “A memoria dun pobo”, un documental iniciativa do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy no que se recollen as lembranzas e vivenzas dos veciños de Cesantes. Fernando Carreira destaca que “é para nós unha gran responsabilidade dar a coñecer este filme no festival porque non só estarán presentes os veciños da vila, senón que están convidados á estrea os familiares e mesmo parte dos protagonistas. É un orgullo para nós poder presentalo na casa das persoas que deron testemuña e fixeron posible esta película”. A actividade na illa terá lugar o domingo 24 de abril e a proxección do filme está prevista para as 12 horas, aínda que o embarque será ás 10.30 horas no pantalan do Meirande. As entradas para asistir ao acto poderán retirarse na billeteira do Multiusos da Xunqueira durante a xornada do sábado e o prezo será de tres euros.  

Fernando Carreira "Cuchi" director do festival
Unha idea que nace do Obraodiro de Estudos locais Fernando Monroy
Os maiores lembran o pasado
Todos os entrevistados teñen máis de 80 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará