O pavillón de Chapela acollía esta fin de semana un partido crucial para o Campito. O equipo xogábase moitas das opcións de quedar campión da autonómica sur e poder así acadar o ascenso. Facíao ademais ante o outro equipo da parroquia, o Arealonga. O partido rematou cun 1-4 a favor do Campito, que se afianza así na primeira praza da categoría. Vitoria tamén para o Redondela que vencía 6-2 ao Verín.
O Campito daba esta fin de semana un novo e importante paso de cara a facerse co dereito ao ascenso. Derbi no pavillón de Chapela entre Arealonga e Campito que se saldaba co resultado de 1-4, vitoria que afianza ao Campito no liderado da categoría. Na vindeira semana xogarán unha nova final, será no pavillón de Chapela o sábado 23 ás 16:30 horas co Alonso & Serodio, equipo que ocupa a sexta praza.
O Arealonga, na sétima praza do grupo, xogará no pavillón Oscar Pereiro tamén o sábado ás 19:30 co Celado.
O Redondela lograba tamén unha importante vitoria para asentarse na metade da táboa. Actualmente son oitavos logo de vencer por 6-2 ao Verín e na próxima fin de semana descansan.
As posibilidades do Campito de facerse co titulo son altas, tendo en contra que tan só restan tres xornadas e que os seus rivais a priori son asequibles xa que, agás na vindeira fin de semana, nas outras dúas citas que restan para rematar a tempada enfrontarase con equipos que se atopan non postos baixos da categoría, o Mondaríz e o Abetos Gondomar.