O local redondelán celebra durante este mes a III edición das Xornadas Máxicas, con espectáculos orientados ao público adulto nos que a maxia de proximidade é a protagonista. Este venres día 22 a actuación correrá a cargo do Mago Noel e o venres 29 pechará o ciclo o Mago Jose. As actuacións arrancan na media noite e a entrada é de balde.
O Mago Noel será o encargado de conducir o espectáculo deste venres cun número de maxia de proximidade “no que probablemente inclúa tamén algún número de malabares, xa que se trata dun mago con preparación circense” explican dende a organización. O encargado de pechar esta terceira edición será o redondelán Mago Jose, especializado na maxia con cartas. Unhas xornadas que se desenvolven a partir da media noite e ás que están convidade os veciños a achegarse para “deixarse sorprender e vivir unha noite máxica”.