Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arturo González: “O servizo da policía está baixo mínimos pero é unha situación puntual”

RR_Noticias

O responsable do departamento da policía local de Redondela Arturo González asegura que o representante da sección sindical da CIG Borja Rodríguez “falta á verdade” cando denuncia que a Policía Local carece de medios axeitados para desenvolver o seu traballo. En canto ao número de axentes que atende o servizo recoñece que actualmente dáse “unha situación puntual con 7 axentes de baixa e un axente en período de formación académica” pero que en breve se reforzará o servizo coa contratación de catro policías por un período de catro meses ampliable a seis.

As declaracións do delegado da CIG nas que denuncia a falta de medios e persoal, así como que dende o goberno local non se atende ás demandas do servizo “non se axustan á realidade” a segura o edil quen engade que “todas as propostas feitas dende o sindicato foron tidas en conta rexeitando aquelas que non son posibles e levando a práctica aquelas que si eran factibles”. Neste sentido apunta que “se lograron acordos en materia de mellora económica que permite entre outras cuestións que aqueles axentes que se atopan de baixa non vexan diminuídas as súas retribucións”. Engade que a única petición que non se aceptou facía referencia a que os cartos que se van investir na contratación dos axentes de reforzo durante o verán se destinasen aos policías xa en activo para pagarlles o reforzo do servizo “entendemos que iso non é viable porque hai que garantir o dereito ao descanso dos propios traballadores”. Malia recoñecer que a día de hoxe hai poucos axentes atendendo o servizo (22 efectivos dos 30 que integra o servizo) insiste Arturo González en que se trata “dunha situación puntual polo elevado porcentaxe de traballadores de baixa” e insiste en que “en ningún caso se produce desatención á hora de actuar ou asistir a unha emerxencia”. Sobre as supostas carencias de material asegura González que o servizo conta con catro coches homologados e no vestiario investíronse cen mil euros “un material que é xestionado polos propios axentes”.  

Arturo González concelleiro de Interior
O delegado de tráfico afirma que os problemas de persoal responden a unha situación puntual
Negociacións e resultados
Entre os resultados está a mellora económica dos propios traballadores
Peticións non atendidas
Aquela que facía referencia a non contratar persoal eventual e investir eses cartos para pagar reforzos dos propios traballadores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará