Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“En la azotea” e “No abortamos” premios de xurado e público no festival Redondela en curto

RR_Noticias

A curtametraxe “No abortamos” de Marta Onzain e Alberto R. Peña recibiu os 1.000 euros do premio que o público do festival concede cos seus votos ao que consideran o mellor dos traballos proxectados dentro da sección oficial. O premio do xurado, dotado con 1.500 euros, foi para “En la azotea” de Damià Serra e o título “Para Sonia” de Sergio Milán fíxose co premio da sección Andaina.  Na clausura do festival o seu director Fernando Carreira Cuchi lamentou a ausencia de representación institucional.  

Unha divertida comedia de Marta Onzai e Alberto R. Peña “No abortamos” na que se conta a historia de tres membros de ETA que se dipoñen a emitir, en directo e pola ETB o último comunicado da banda terrorista, foi a que acadou o maior número de votos entre o público que durante os últimos días se achegou ao Multiusos da Xunqueira para gozar do cine en pequeno formato. Público e xurado non coincidiron nesta valoración, decantándose este último pola película “En la azotea” do catalán Damià Serra, unha cinta de once minutos protagonizada por un grupo de amigos adolescentes que soben cada tarde a unha azotea para ver como unha moza toma o sol espida. A sección Andaina, que reúne obras audiovisuais de temática relacionada con persoas e familias con necesidades especiais, foi para a película “Para Sonia” de Sergio Milán, que narra a historia dunha moza que malia a súa deficiencia audiovisual sempre soñou con ser parte do cine. O seu director asistía á gala de clausura celebrada na noite de onte no Multiúsos. Na sección Curtas Galegas o gañador foi Rancor de Miguel Morales e na sección Curtísimas o premio foi para “Los Pies fríos” de Guillermo Guerrero. Os escolares pola súa banda premiaron o título “Fraguando a diversidade” do Instituto Antonio Fraguas de Santiago. O director do Festival, Fernando Carreira Cuchi lamentaba nese acto de peche e de entrega de premios que non houber a ningún representante do concello así como que se suspendese tan só horas antes da súa celebración, a sesión prevista para o venres na Disco Tasca, a coñecida como sección golfa, que non se celebrou por entender o concello que este local non cumpría cos requisitos mínimos de seguridade e aforo para acoller unha actividade promovida dende a propia administración. Foi esa decisión a nota polémica dun Festival que celebrou a súa XII edición incrementando o número de asistentes e tamén de curtametraxes recibidas, xa que se superaron as 800, cifra que fixo especialmente difícil para a organización a seleccións definitiva das 16 curtametraxes a concurso.  

Fernando Carreira "Cuchi" director do festival
Lamenta que houbese atrancos na realización dalgunha actividade
Público
Increméntase o número de espectadores
Sergio Milán director de Para Sonia
A curta gañadora da sección Andaina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará