Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco complica a clasificación para a fase de ascenso logo da derrota ante o Barbadás

RR_Noticias

Os redondeláns rebaixan a súa vantaxe sobre a quinta praza, que ocupa o Vilalbés, e permite manter as opcións ao Rápido de Bouzas, que será o rival do Choco na próxima xornada.En fútbol sala, na Liga Galega Sur, o Campito está a un punto do título logo de gañar no derbi ao Redondela F.S.

Terceira División
Choco 0-2 Barbadás
A derrota caeu coma lousa en Santa Mariña, nun partido que o Choco comezaba cun minuto de silencio polo pasamento de Santiago Rodríguez Cunha. O club rendía así unha homenaxe a quen fora seu “colaborador incansable”, encargado do marcador, e que faleceu o pasado 28 de abril. O partido deuse mal desde o comezo para os redondeláns, sabedores de que un mal resultado podía frustrar súas aspiracións por clasificarse para a fase de ascenso a Segunda B. O Choco tivo ocasións pero non foi quen de subir os goles ao marcador. De feito crearon dúas ocasións claras e en ambas fallou Hugo Sanmartín, que primeiro enviou o balón ao poste e despois non puido superar a Miguel Gándara nun man a man. Tras o intermedio, o Choco continuou co peso do partido, pero nun mal despexe chegou o primeiro tanto do Barbadás, cun disparo de Denis non foi quen de deter Cortegoso. Os de Marcos Montes tentárono ata o final, pero xa sen ideas claras. E no tempo engadido, Hugo anotou o segundo tanto dos ourensáns. Agora toca pensar na próxima cita, tamén en Santa Mariña, ante o Rápido de Bouzas, 6º na táboa e aínda con vida, a cinco puntos do Choco.
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Muíños, Lucas, Carminati (Fernán, min. 62), Albarto Suárez, Comis, Xosé Ramón (Fernando, min. 46), Óscar Pérez (Silva, min. 58), Hugo, Félix.
Barbadás: Gándara, Novoa, Oliveira, Iago Rodríguez, Germán, Nacho Currás, Quevedo (Veiga, min. 75), Denis, Luís Gónzalez, José Vázquez (Hugo, min. 62), Lamelas (Martín Fernández, min. 28).
Goles:0-1, min. 53: Denis; 0-2, min. 89: Hugo.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez. Mostrou cartolina amarela a Alberto e Félix polo Choco e a Oliveira, Iago Rodríguez e Isma Quevedo.
Segunda Autonómica

Victoria 1-4 Choco
O filial do Choco mantén a 3ª praza do grupo logo da goleada a domicilio no campo do Victoria. A próxima xornada recibe ao Miño, afundido na parte baixa da táboa.
Matamá 1-2 Chapela
O Chapela superou ao Matamá a domicilio e colócase na 11ª praza. O domingo recibe ao Lavadores, un posto por riba dos redondeláns.
Terceira Autonómica

At. Vilar 2-1 Cañiza
Os de Vilar manteñen a 2ª praza logo da vitoria ante o Cañiza. Na próxima xornada visitan o campo do pechacancelas, o Castelo.
Fútbol Sala Liga Galega Sur
Campito 5-3 Redondela
Esta pasada fin de semana era xornada de descanso na Liga Galega Sur, xornada que os equipos de Redondela aproveitaron para xogar o derbi aprazado entre o Campito e o Redondela F.S. Os de Fran Amoedo fixéronse co partido, o que lles permite consolidarse no liderado do grupo xa na recta final da liga, a falta de dous partidos. Na próxima xornada o Campito defenderá o liderado ante do Abetos Gondomar, partido que se xogará o domingo ás 13.00 no pavillón de Donas. Un encontro que poderían disputar xa como campións de liga se o Arealonga gana ou empate o sábado en Chapela ante o Cereixa, 3º clasificado e único rival que ten aínda opcións de arrebatarlle o título aos de Amoedo. O Redondela F.S., que malia a derrota no derbi mantén a 9ª praza, xogará ante o Leis Marcón no pavillón municipal Monte Carrasco ás 12.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará