Os de Fran Teixeira fixéronse co partido no derbi disputado esta fin de semana en Chapela ante a SAR. O marcador, cun resultado de 31-21, clasifícaos matematicamente para disputar a fase de ascenso a falta dun partido para que remate a liga.
Primeira Nacional
Chapela 31-21 SAR Plastic Omnium
Unha temporada máis o Construcións Castro Chapela tentará o ascenso a División de Honra Prata. Obxectivo acadado a falta dunha xornada para rematar a liga, e logo dunha vitoria moi traballada ante os de Carlos Rey. Na primeira parte a igualdade foi total. O encontro resolveuse na segunda parte, cando os de Chapela foron ampliando a vantaxe ata o 31-21 final. Os de Teixeira despedirán a liga na Coruña, ante o OAR, o próxima sábado. A SAR, que malia derrota mantén a 9ª praza, despedirá a liga ante a súa afección en Redondela cun encontro que os medirá ao Pontevedra, equipo afundido na parte baixa da táboa.