Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia da Punta mantén a bandeira azul por terceiro ano consecutivo

RR_Noticias

O areal da Punta en Cesantes mantén este distintivo que valora a calidade da auga, a seguridade, os servizos e a accesibilidade. Un recoñecemento que conseguía en 2014, converténdose no primeiro areal redondelán con este galardón. Galicia baixa ao segundo posto ao perder seis areais as súas bandeiras azuis e quedar a comunidade con 123.

A bandeira azul volverá ondear na praia de A Punta en Cesantes, por terceiro ano consecutivo, logo de que en 2014 a proposta recibise o visto e prace da Asociación de Educación Ambiental, encargada en España de outorgar este recoñecemento no que se valora a calidade das augas, que ten que ser excelente, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
A comunidade galega, malia obter 123 bandeiras, non será este verán a que máis distintivos azuis teña nos seus areais, posto que lle é arrebatado por Valencia. Pontevedra repite como a provincia galega con máis praias con bandeira azul, un total de 56, e o municipio con máis bandeiras segue a ser Sanxenxo, cun total de 12.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará