Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bronce para Chapela na Bandeira II Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiriñas

RR_Noticias

Con pouco vento e algo de sol, unha climatoloxía moito máis amable que a o sábado no Grove, celebrouse onte domingo a II Bandeira Concello de Bueu de traiñeiriñas. O Club de Remo Chapela acadou a medalla de bronce na categoría Absoluta Feminina, e Tirán foi o gran campión absoluto.

II Bandeira Concello de Bueu O club redondelán tivo que conformarse coa terceira posición na categoría Absoluta feminina, por detrás de Cabo de Cruz e Mecos. Na Absoluta masculina non pasou da 5ª praza, nunha proba que dominaron Tirán, Moaña A e Moaña B, mentres Poboa ocupou a 4ª praza. Na Xuvenil Masculina o podio ocupárono Mecos, Samertolameu o Poboa. Os remeiros absolutos da S.D. Tirán gañaron a proba da categoría e, ademais, puntuaron nas categorías de mulleres e xuvenil masculino, o que os levou á vitoria, aínda que con Mecos a un só punto. Resultados: Absoluto feminino: 1. Cabo Cruz-A, 14.37:81; 2. Mecos, 14.55:06; 3. Chapela, 15.19:25; 4. Tirán, 15.49:84; 5. Cabo Cruz-B, 15.59:28; 6. Coruxo, 16.40:18. Xuvenil masculino: 1. Mecos, 13.35:50; 2. Samertolaméu-A, 13.40:09; 3. Poboa, 13.57:25; 4. Tirán, 13.57:96; 5. Samertolaméu-B, 14.14:38; 6. N.Riveira, 14.27:00. Absoluto masculino: 1. Tirán, 12.44:50; 2. R.Moaña-A, 12.47:15; 3. R.Moaña-B, 12.59:94; 4. Poboa, 13.08:15; 5. Chapela, 13.09:41; 6. Samertolaméu, 13.14:12. I Bandeira Solaina A primeira edición da Bandeira, celebrada no Grove, quedou na casa. Co club organizador, o C.R. Mecos, impúxose en dúas das tres categorías con 13 puntos, polos 9 de Tirán e os 8 de Chapela. O club redondelán acadou dúas pratas: na categoría sénior feminina e na xuvenil masculina. Xornada de Ioga en Chapela A esixente temporada que ten por diante o C.R. Chapela, coas traiñeiriñas e logo coas traíñas, levou ao club a organizar unha xornada formativa para os seus deportistas das categorías xuvenil e sénior. Esta tarde, ás19.30 horas, visitará as instalacións do club o mestre Mádhana Agulla, fundador e director do Centro de Ioga Sananda en Vigo. Mádhana impartirá aos deportistas e adestradores unha conferencia sobre “como mellorar as súas aptitudes persoais e deportivas”. O presidente do club, Julio Prado, salienta que se trata de traballar non só no plano físico, senón tamén no mental. A próxima fin de semana continúa a competición. O sábado a regata estará organizada polo Club A Guía, e o domingo é a quenda do C.D. Cesantes, en augas de Redondela.

Julio Prado presidente do C.R. Chapela
O club acolle esta tarde unha conferencia a cargo dun mestre de Ioga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará