Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un choco pasado por auga e regado con Ribeiro atrae a milleiros de persoas

RR_Noticias

O emotivo acto homenaxe aos fundadores da festa e o pregón a cargo do monloguista David Amor centraron os actos máis salientables da xornada de onte. Dous días de festa nos que malia o mal tempo cumpríronse as previsións en canto ao número de asistentes e venda de choco, cunha carpa ateigada de comensais.

Cumpríronse os prognósticos meteorolóxicos que anunciaban unha fin de semana de chuvias e tempo desapracible. Unha situación que non impediu que foran milleiras de persoas a que durante os dous días de festa se achegaron a Redondela para degustar o famoso cefalópodo da ría. A carpa estivo ateigada de comensais que saborearon o prezado choco preparado nas súas formas máis tradicionais, en empanada e con arroz así como outras receitas máis innovadoras que teñen tamén o seu público. Un público que onte gozaba do divertido pregón a cargo do monologuista e actor David Amor e participaba a continuación da emotiva homenaxe aos hostaleiros que trinta anos atrás decidiron poñer en marcha unha festa a día de hoxe completamente consolidada e declarada de interese turístico de Galicia. O concello decidiu aproveitar esta XXX edición para realizar esta homenaxe que reuniu ao grupo de fundadores do evento: Manolo Conde de Casa Paco, Juan Antón de Resturante Antón e Carlos Crespo propietario do antigo Stop estiveron no cerne desta actividade xunto con Enrique Tuche (Porrón), José Manuel Durán (Central), Pucho Barciela (Bar Barciela), Jaime Villaverde (Bar Villaverde) ou os xa falecidos Fernando Covelo (Bar Nando) e Perfecto Vidal (Bar Vidal).  

Homenaxe aos fundadores
Os hostaleiros agradecen o recoñecemento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará