Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xubilados mobilízanse en contra da privatización do sistema público de pensións

RR_Noticias

A casa de cultura acolle este mércores ás 20:00 horas unha charla coloquio de presentación do Movemento pola Defensa do Sistema Público de Pensións. A actividade estará impartida polo economista e profesor Xabier Pérez Davila, autor do libro “A batalla polas pensións” e forma parte do calendario de actos que organizan co gallo de alertar á poboación do perigo de privatización que corre o sistema público de pensións.

O Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións (MODEPEN), é un colectivo composto por xubiladas e xubilados preocupados pola deriva que se está a producir no Sistema Público de Pensións. O seu obxectivo é loitar contra as medidas tomadas ata agora polos gobernos e que ao seu entender están “claramente dirixidas á desaparición deste Sistema e encamiñadas a favorecer plans de pensións privados para beneficio da banca e das grandes aseguradoras e en prexuízo da clase traballadora”. Explican neste sentido que todo o sistema público de pensións estase vendo sometido a unha seria ameaza de descapitalización que pode rematar no seu colapso “unha descapitalización preconcibida e deseñada desde o poder económico: gran banca, grandes aseguradoras e multinacionais fundamentalmente, co fin de xustificar os plans de pensións privados”. Diante destas inquietantes perspectivas entenden que o único que cabe é a mobilización social motivo polo que están a realizar unha serie de actividades en diferentes localidade para darse a coñecer e alertar do perigo de que se privatice o sistema de pensións “o que sería un vil atentado contra o noso futuro e moito máis contra o dos nosos fillos e netos”, actividades que chegan tamén a Redondea coa charla coloquio que terá lguar este mércores na Casada Cultura.  

Antonio Lores
Os gobernos están descapitalizando o sistema público de pensións
Guillermo Fontán
Mobilizarse
Charla de Xabier Pérez Davila
Autor do libro A batalla polas pensións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará