Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito celebra coa súa afección o título de liga

RR_Noticias

O pavillón de Chapela acolle o domingo ás 13.00 horas o último encontro da Liga Galega Sur de Fútbol Sala. Un encontro ao que o Campito chega xa como campión, logo da vitoria a pasada xornada en Gondomar. Reciben ao Mondariz nun partido que será unha festa para xogadores, corpo técnico, directiva e seareiros.

O adestrador, Fran Amoedo, non pode dar detalles dunha celebración que organiza “en segredo” a directiva do club, pero avanza que será “unha festa” na que tentarán despedir a liga cunha vitoria. O técnico sinala que será “o broche de ouro” a unha espléndida temporada da que fai responsables aos seus xogadores. Afirma que “o traballo e o compromiso” do equipo é a “única receita” do seu éxito esta temporada. Agora a súa preocupación é poder consolidar o ascenso á Terceira División. O salto de categoría acadárono por méritos propios na pista, pero precisarán un maior apoio económico para poder facelo realidade. Amoedo confía en que a directiva poida reforzar o club coa achega dalgún patrocinio por parte de empresas privadas.  

Fran Amoedo adestrador do Campito F.S.
O domingo o pavillón de Chapela será unha festa.
Éxito
Para Amoedo o único segredo do seu éxito é o traballo e o compromiso dos xogadores.
Terceira División
Amoedo confía en que a directiva poida acadar o apoio económico necesario para dar o salto á Terceira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará