Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco organiza un campus de verán orientado a nenos de 3 a 12 anos

RR_Noticias

A actividade desenvolverase entre o 1 e o 29 de xullo con diferentes alternativas que buscan adaptarse ás necesidades de pais e nais que precisan neses período dun espazo no que os seus pequenos poidan gozar de actividades ao aire libre e achegarse a disciplinas que lles reporten os beneficios do deporte así como participar doutras actividades propias do tempo de ocio. As persoas interesadas poden inscribirse a través da empresa Koremi ou directamente nas instalación do Club deportivo Choco. Os prezos oscilan entre os 160 euros o mes completo, 90 euros a quincena e 50 euros que custaría unha semana.

O campus deportivo de verán que organiza o club deportivo choco en colaboración con outras entidades e institucións, entre elas o propio concello, consiste nun campamento urbano orientado a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos centrado principalmente no fútbol pero sen deixar de lado outras actividades de lúdicas tales como manualidades, xogos de cooperación, obradoiros, inglés e outras actividades deportivas como vela, remo e tenis. Un programa que se desenvolverá en horario de mañá de 9:30 a 13:30 nas instalacións do Choco e que se trasladarán ao Centro Recreativo Cultural de Redondela naquelas xornadas nas que o tempo non acompañe. A data límite de inscrición é o 17 de xuño, unha inscrición e documentación que os interesados deberán entregar nas instalación do C.D. Choco en Avenida Santa Mariña ou por correo electrónico no enderezo koremi@koremi.es  

Club Deportivo Choco
Rubén fálanos dos obxectivos do campus
Actividades variadas
Futbol pero tamén obradoiros remo tenis…
Koremi empresa de tempo libre
Unha empresa especializada neste tipo de campus

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará