As prazas ofertadas, que se cubrirán por oposición libre, son de oficial carpinteiro, auxiliar administrativo, técnico da muller, técnico de normalización lingüística, oficial de medio ambiente e operario de limpeza. As persoas interesadas en optar a algún deste postos deberán presentar as súas solicitudes antes do 5 de xuño. A convocatoria desta oferta laboral está recollida no BOE do pasado luns 16 de maio.
O Boletín Oficial do 16 de maio publica a oferta laboral do Concello de Redondela na que se inclúe seis prazas de funcionario a cubrir por oposición libre. Concretamente a oferta inclúe unha praza de oficial carpinteiro e unha praza de auxiliar administrativo a tempo parcial.
Na convocatoria inclúense tamén as prazas de técnico da Muller e técnico de Normalización Lingüística así como unha praza de oficial de medio ambiente. Inclúese por último unha praza de operario de limpeza.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado, publicación que tiña lugar o pasado 16 de maio. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatorias faranse públicos no Boletín Oficial da Provincial e no taboleiros de anuncios da corporación.