Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres desafía ao mal tempo nunha fin de semana con 50 espectáculos programados

RR_Noticias

Un total de 15 compañías volverán encher de ilusión e monicreques as rúas e prazas de Redondela nesta fin de semana na que se prevé que o mal tempo nos deixe un festival pasado por auga. Hai xa instaladas un total de cinco carpas en diferentes puntos da vila para asegurar o total das actividades programadas que segundo aseguran dende a organización “poderían ser desprazadas da súa ubicación orixinal pero nunca canceladas”. A intensa programación de rúa completarase coas obras de sala que porán o seu broche de ouro coa actuación o domingo da compañía portuguesa Lafontana ás 17:00 e 21:00 horas.

Logo de varios días de títeres e actividades, esta fin de semana intensifícase a programación do Festival Internacional de Títeres Memorial Juanjo Amoedo con ducias de espectáculos en prazas e rúas así como a programación de sala que continuará no Multiúsos da xunqueira. As actividades arrancarán ás doce do mediodía do sábado co espectáculo itinerante da compañía holandesa Electric Circus. A continuación os títeres de Pepe luna ofrecerán as aventuras de Raton Pérez na praza do concello e xa a partir da tarde os espectáculos sucederanse, moitos deles de xeito simultáneo, no paseo da Xunqueira, Alfonso XII, praza Reveriano Soutullo, Alameda… en calquera recuncho do centro da vila poderemos atoparnos cun monicreque ou un espectáculo. Unha xornada que desgraciadamente parece que vai estar marcada polas chuvias nese horario de tarde pero dende a organización insisten en que a festa non se deterá, motivo polo que hai xa instaladas diferentes carpas que asegurarán o bo desenvolver do programa. O domingo arrancará cunha proposta especial na que se busca a participación do público. Falamos dun roteiro que leva por nome o Bebedoiro das bestas e que partirá dende a Fonte do Mouro. Dende a organización o director do festival, Luis Crespo, anima a grandes e pequenos a participar e facelo ademais disfrazados. E un dos pratos fortes deste ano de entre as 27 compañías que asisten ao festival atopámolo na xornada do domingo no auditorio do Multiúsos onde se poderá ver tanto as cinco como as nove a obra dos portugueses Lafontana. Iso será na fin de semana porque hoxe venres a quenda é para “Parias” de Javier Aranda. Unha peza de monicreques para adultos onde a relación entre o boneco e o titiriteiro chega a un grao de intimidade que estremece. As entradas para este e o resto de espectáculos de sala poderanse adquirir na billeteira do Festival, instalada no vestíbulo do Multiúsos, a un prezo de 6€ adultos e 4€ nenos. O horario de apertura será de dúas horas antes de cada función, agás para os espectáculos programados ás 17:00h, nos que abrirá ás 16:00.  

Luis Crespo director do Festival
Lafontana serán os encargados de pechar a XVII edición
Rueiro dende A Fonte do Mouro
Unha actividade participativa
Javier Aranda titiriteiro
A obra Parias poderase ver o venres no multiusos
Pavel Teatro Konmo
O conto do vello lobo
Xandre Vázquez organización
Carpas para loitar contra a chuvia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará