Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á Marcha da dignidade en Lugo

RR_Noticias

O grupo de apoio de Redondela ás Marchas da Dignidade anima aos veciños a acudir o vindeiro sábado día 28 á marcha que baixo o lema “pan, traballo e teito” quere rodear de dignidade a Muralla de Lugo. Por este motivo, porán a disposición dos veciños autobuses que realizarán o traxecto ata a cidade da muralla por 8 euros ida e volta. Os interesados poden inscribirse e reservar praza no teléfono 645 819245 ou na Discotasca. De todo isto infromarase previamente nunha charla informativa que se celebrará o mércores ás 20:00 horas no Multíusos.

Tres anos despois do inicio das marchas da Dignidade, o colectivo de Redondela continúa mobilizándose e traballando en diversos eidos no camiño de recuperar os dereitos básicos que se perderon ou están en risco dende o inicio da crise. Baixo o lema xenérico e de mínimos “Pan, traballo e teito” recuperan este sábado as protestas cunha marcha que os levará a Lugo co obxecto de “rodear a muralla de dignidade”. Un acto simbólico que quere tamén trasladar ao interior de Galicia reivindicacións comúns a toda a comunidade.  

Berto Covelo Marchas da Dignidade
Haberá un autobús para desprazarse a Lugo
Rodear a Muralla de Dignidade
Un acto simbólico e reivindicativo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará