Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

XI Marcha polas marxes do Río Fondón para coñecer e pór en valor o territorio

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela organiza o domingo día 29 a decimo primeira edición da marcha polas marxes do Río Fondón, con saída a dez da mañá dende o local da asociación. Un percorrido que servirá aos asistentes para coñecer a elevada biodiversidade autóctona da zona (sobreiras, acivros, freixos…) así como gozar da fauna existente.

Con esta marcha que a Asociación veciñal convoca anualmente dende hai 11 anos, tratan de dar a coñecer o territorio da parroquia. A saía será o domingo 29 (sempre que o tempo acompañe) as dez da mañá dende a sede da asociación. Ao remate da marcha, sobre as dúas da tarde, os que así o desexen poderán comer nas mesas da área de descanso do Monte de Cedeira, polo que se anima aos veciños que queiran participar a levar o seu xantar.
Haberá ademais coches para levar esas mochilas e trasladar a aquelas persoas que non poidan camiñar pero queiran tamén participar da xornada de convivencia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará