Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As festas da Coca arrancan con tradición a ritmo de rock

RR_Noticias

A Festa da Coca deste ano inclúe unha programación musical variada que vai dende o concerto de rock que ofrecerán os grupos locais RMS e Nocheni na noite do mércores, a música folk de A Roda e Pan de Capazo, as tradicionais orquestras que amenizarán as verbenas e a actuación de Abba Show Live. Unha banda sonora do máis variado para unha cita na que os elementos tradicionais son o seu eixo fundamental, coa elaboración das alfombras florais na noite do mércores e a Danza das Espadas e as Penlas o xoves ao mediodía na Praza da Constitución. Margot Araujo será a encargada da lectura do pregón o mércores ás 20:00 horas.  

A festa da Coca iniciarase oficialmente mañá mércores ás seis da tarde co desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Anaquiños de Chapela. Margot Araujo, vinculada a esta cita festiva por ter traballado activamente na recuperacións dos traxes tradicionais das Burras e as Penlas, será a encargada de ler o pregón ás 20:00 horas na Casa do Concello. A continuación terá lugar o acto solemne de relevo das penlas e unha homenaxe a Fernando Puertas “Ley”, antigo mestre da danza das espazas. Homenaxe que se fará extensible tamén ás alfombristas que dende hai semanas traballo activamente para recoller e desfollar todas esa flores que se fan necesarias para elaborar os tapices que adornarán as rúas da vila na mañá do xoves. A xornada rematará coa actuación dos grupos locais RMS e Nocheni, un concerto de rock que arrancará ás 22:00 horas no Campo da Feira. Carli Míguez de RMS aseguraba sentirse orgulloso por ter a oportunidade de actuar nesta data tan especial. Juanín Barreiro de Nocheni sumábase aos agradecementos cara a corporación por ter pensado neles para esa xornada inaugural da Coca e lembraba o especial da data “na que o grupo cumpre 20 anos”. Pola súa banda, o alcalde Javier Bas explicaba que o obxecto de incluír dentro do programa un concerto protagonizado por grupos locais supón un beneficio dobre ao dar a oportunidade aos grupos da vila de actuar ante o seu público máis proximo á vez que a festa se beneficia do alto nivel musical destas formacións. O edil de festas, Jesús Crespo, salientaba tamén de entre a programación esa aposta pola música variada para atraer a todo tipo de público, dende os que gustan das verbenas tradicionais amenizadas por orquestras, o sábado con Costa Oeste e Delirio e o domingo coa Orquestra Televisión, pasando polos amantes do rock coa cita de mañá ou do folk o venres cun concerto a cargo de A Roda e Pan de Capazo. Con todo, a aposta musical deste ano pasa pola actuación de Abba Show Life o xoves ás 22:00 horas no Campo da Feira, grupo procedente de Eslovaquia e produción española que conta co recoñecemento da banda orixinal e reúne os éxitos mundiais dos míticos Abba. E dende hoxe mesmo poderá visitarse no Multiúsos da Xunqueira unha exposición que recolle elementos fotográficos, infografías e documentación na que se repasa a tradición das Festas da Coca. A mostra inaugurarase ás 19:00 horas e poderá visitarse ata o 1 de setembro.  

Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Unha festa delcarada de Interese Turístico de Galicia
Exposición da Coca
A mostra inaugúrase hoxe ás 19:00 horas
Javier Bas alcalde
Recoñecementos aos que traballan pola festa
Pregón de Margot Araujo
Será o mércores ás 20:00 horas
Jesús Crespo concelleiro de Festas
Un variado programa musical
Carli Miguez RMS
Actuarán o mércores ás 22:00 horas
Juanín Barreiro Nocheni
Unha celebración dobre xa que están de vinte aniversario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará