O partido disputarase hoxe ás 21:00 horas no Campo Municipal de Salgueirón en Arcade. O equipo de Soutomaior enfrontarase nesta final da Copa deputación feminina ao equipo Atlético Arousá. O equipo local Arcadia E.F. (equipo feminino do C.D.Arcade) chega a esta final dunha maneira cómoda logo de derrotar ao SCD Salcedo por 0-6. O seu rival, o Atlético Arousá tivo máis dificultades para imporse ao Pornovo S.D. por 2-1.
O Arcadia E.F. xoga na liga galega de 1ª división, ascendendo a tempada pasada, e logrando un meritorio 4º posto na liga que finalizou hai uns días. Pola súa banda o Atl. Arousá milita na 2ª Nacional. Un club pioneiro no fútbol feminino que destaca polo seu traballo nas categorías inferiores. Na súa difícil liga tamén se clasificou no 4º lugar.
As de Arcade, a pesar da diferenza de categoría, esperan culminar de maneira brillante esta tempada superando ás arousás no partido de hoxe.