Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

X. L. Franco Grande: “Gardaba as palabras en caixas de cartón”

RR_Noticias

O xurista e autor do “Diccionario galego-castelán” da Editorial Galaxia publicado no ano 1968, Xosé Luis Franco Grande recibiu onte unha homenaxe en Redondela, vila que lle ven de dedicar un monolito que inmortaliza a súa obra ás portas do Multiúsos. Un acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero; e a catedrática da Universidade de Vigo, María Camiño Noia. O propio Franco Grande asistíu ao acto e relatou o “tedioso e intenso traballo” que deu como froito un dicionario “decisivo para a galeguización de xeración de galegos e galegas”.

Unha obra que recolle 40.000 entradas e que tal e como lembrou Franco Grande levoulle tan só “uns meses” de traballo porque había presa para que estivese publicado antes de que entrase en vigor a Lei de Educación do ano 1970. Foi así como Galaxia publicou en 1968 este “instrumento necesario, oportuno e urxente” nun momento no que o galego ía en aumento de falantes que precisaban dunha ferramenta como esa. Con todo, o homenaxeado aseguraba non merecer un recoñecemento como o que onte se lle rendía en Redondela. Logo de amosar a súa “incomodidade ante unha homenaxe que non merezo” lembrou o traballo que se agocha detrás de dito dicionario, creado nun tempo no que non había ordenadores “e no que as palabras manuscritas as gardaba en caixas de cartón”. Un traballo inxente “nun tempo no que non había tecnoloxía” no que insistía a filóloga Camiño Noia quen lembrou o imprescindible que foi este dicionario na década dos 70, cando comezaron a xeneralizarse as clases de galego en numerosos concello e os encargados de impartilas precisaban dunha ferramenta útil que lles facilitara a docencia O concelleiro de cultura, Xabier Alonso salientaba que “de non existir este texto quizais moitas das entradas que recollen estarían perdidas para as novas xeracións” e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García recomendaba ao alumnado do Instituto Pedro Floriani “aprender do tesón e o traballo que se agocha detrás da obras de Franco Grande”. Un acto no que o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero, salientou tamén o papel desempeñado nesta publicación polo selo Galaxia, que foi quen encargou a obra a Franco Grande.  

Xosé Luis Franco Grande escritor
Ao seu entender unha inmerecida homenaxe
Caixas cheas de palabras
Un traballo sen apoio de ferramentas tecnolóxicas
Camiño Noia filóloga
Un diccionario que foi ferramenta indispensable na década dos 70
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Moitas das 40.000 entradas deste dicionario terían desaparecido
Valentín García Secretario xeral de Política Lingüística
Franco Grande como referente de tesón e esforzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará