Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Autoridade Portuaria paraliza o proxecto de amarre de barcos ruinosos no cargadoiro de Rande

RR_Noticias

O presidente da Autoridade portuaria, Enrique López Veiga, logo de reunirse de urxencia co alcalde de Redondela, Javier Bas, comprometeuse a paralizar o proxecto para converter o cargadoiro de Rande nun porto de amarre de barcos ruinosos e avariados logo de coñecer que existe unha petición por parte do concello para declarar o lugar BIC (Ben de Interese Cultural). Bas agradece a “comprensión da Autoridade Portuaria logo da polémica suscitada así como a súa rápida contestación ás nosas demandas”.

O alcalde de Redondela reuniouse de urxencia co presidente de autoridade portuaria Enrique López Veiga para expresalle “o seu total desacordo con este novo uso para o cargadeiro de mineral de Rande e para poñer no seu coñecemento, como xa o fixera co anterior presidente da Autoridade Portuaria Ignacio López Chaves, da pretensión do concello de Redondela de solicitar a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) da Fortaleza de Rande e dos Bens Culturais asociados a ela, entre os que se atopa o propio cargadeiro de mineral”.
Na reunión, Bas informou ao presidente da Autoridade Portuaria de que o concello solicitou oficialmente en data 7 de febreiro de 2013 á Consellería de Cultura e Educación a apertura de expediente para declaración de BIC. Ante esta información Enrique López Veiga manifestou que descoñecía dita solicitude polo que pediu ao alcalde que se remita copia de toda a documentación para o seu estudo.
Asegura Bas que “a Autoridade Portuaria entendeu a importancia que para Redondela ten a zona de Meirande e que dende o noso concello queremos preservar ese espazo natural e toda a súa contorna, polo que agradezo a súa comprensión ante a polémica suscitada e a súa rápida contestación ás nosas demandas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará