Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xogos e música na Praza da Constitución para promover o traballo cooperativo

RR_Noticias

A Secretaría Xeral de Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas organizan unha actividade lúdica e musical para promover o traballo cooperativo e que se vai desenvolver este venres en horario de 17:00 a 20:00 horas na Praza da Constitución. Consistirá nun espectáculo multidisciplinar composto por escenas de teatro, narración oral e música, no que participará a fundadora e cantante da compañía “Mamá Cabra” (Gloria) e Marta Ortíz e Brais das Hortas (A tropa de trapo).

A actividade está dirixida ao público familiar, especialmente ao miúdo, con dous pases: ás 18.00 e ás 19.00 h. O argumento xira arredor do valor da cooperación, e pretende fomentar e difundir o cooperativismo en Galicia, e aumentar a conciencia e o nivel de coñecemento deste modelo. “Cooperativismo en movemento” é o título desta actividade dinámica e diversa que se centra no público familiar, e que se complementa cunha exposición de paneis sobre o cooperativismo en Galicia e un espazo de xogos cooperativos aberto ao público entre as 17.00 e as 20.00 h, na praza da Constitución, con asistencia libre.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará