Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabeiro celebra as súas festas patronais

RR_Noticias

A parroquia de Cabeiro arranca hoxe coas festas na honra de San xoán con tres días de festa onde non faltarán as orquestras, os actos relixiosos e a gran fogueira que arderá na medianoite de hoxe. Os asistentes poderán gozar das sardiñas e o viño a partir das 20:00 horas. Unhas festas patronais que arrancan nesta xornada cun programa cuxo día grande será o festivo do venres.

A partir das 20:00 horas de hoxe os que se acheguen ao torreiro da festa poderán degustar das tradicionais sardiñas, previas ao prendido da fogueira previsto para a medianoite, Previamente haberá verbena amenizada pola Orquestra Pontevedra e o trío Amazonas.
Mañá venres os pasarrúas da banda de Música de Guláns serán os encargados de anunciar a festividade xa a primeira hoxe da mañá. As 13:00 terá lugar a Misa e xa pola tarde celebrarase o  tradiconal partido de solteiros contra casados. As 20:00 horas haberá exhibición do grupo de baile Pasiño de Cademo e do ximnasio Doyan. A verbena nocturna estará amenizada pola orquestra Televisión e o Trío Armonía.
O último día de festa será os sábado con pasarrúas a cargo da banda de música de arcade e a verbena a partir das 22:00 horas co trío Sensaciones e a orquestra Costa Blanca.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará