Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación no BNG de Soutomaior ante “a agresión sufrida pola súa sede” en Arcade

RR_Noticias

A sede dos nacionalistas neste concello, do mesmo xeito que moitos puntos do casco urbano de Redondela, apareceron cubertos de cartaces nos que se acusa aos actuais responsables da Deputación, a socialistas Carmela Silva e o nacionalistas Cesar Mosquera de se “enriquecer mentres privatizan servizos”. Responsabilizan desta agresión “aos enchufados da Deputación que accederon a este organismo nos tempos do PP e do señor Louzán e pretenden manter uns privilexios que de ningunha maneira imos tolerar”.

Aseguran dende o BNG de Arcade que “durante anos estas persoas cobraron diñeiro público sen xustificar en concepto de dietas. Casos de caciquismo tan flagantes como que persoas que vivían a 30 quilómetros de Pontevedra pretendían cobrar 110 noites de hotel ao ano sen sequera presentar unha factura. Os gastos por dietas sen xustificar desta xente chegaba en moitos casos a máis de 12.000 euros”. Engaden que coa chegada do novo goberno a Deputación “cortóuselles a billa, polo que optan por agredir ás persoas que loitamos contra o caciquismo. Agresións que van dende desperfectos como so que sufrimos no local de Soutomaior ata o caso de levaren coroas mortuorias aos domicilios dos nosos deputados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará