O vindeiro sábado día 25 de xuño, o monte da Peneda será escenario da decimonovena edición da Festa dúas Fachos, unha celebración tradicional do solsticio de verán organizada conxuntamente por diferentes colectivos e asociacións como Alén Nós, a comunidade de Montes de O Viso, a asociación veciñal de Lourido de Soutomaior e a Asociación Cultural O Barqueiro de Vilaboa. A celebración arrancará ao redor das 23:00 horas na base do monte onde se repartirán os fachos.
Este sábado a parroquia do Viso acolle unha nova edición da Festa dos Fachos que terá o percorrido habitual dende a base do monte ata o cumio, a lectura dunha invocación, prendérase a fogueira e, por último, será o quenda da queimada.
A saída está prevista para as 23:30 horas dende o cruce da estrada do Viso coa que leva A Peneda a altura do establecemento comercial Carpintero. O inicio da marcha será puntual e membros da organización estarán cun posto de venda de fachos no lugar dende, aproximadamente, unha hora antes do comezo da marcha. Esperamos a participación de ó redor de 500 persoas na festa.
O ascenso é de 1.500 metros ata a zona da sobreira da Peneda, a escasos metros do cumio. O percorrido é doado por unha estrada asfaltada. O chegar alí, procedérase a lectura da invocación a cargo de Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega. Prégase os asistentes non prender a fogueira ata que o indique a organización. Os fachos teñen que apagarse ó chegar o alto, pero sen prender o lume.
Tralas palabras de Losada, será o momento da fogueira. Nos instantes finais e a continuación, Noé Massó realizará a habitual queimada máxica.
Rematará a Festa dos Fachos co reparto de rosquillas de Ponteareas para acompañar á queimada. Como os anos anteriores, a organización da Festa dos Fachos fai un chamamento ós músicos afeccionados ou profesionais que desexen animar a noite. Terán a súa disposición un equipo de son no palco da Peneda.