Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de ampliación da AP-9 chegan ao Colexio Igrexa

RR_Noticias

Está previsto que esta mesma semana as máquinas comecen a traballar na contorna do Colexio Igrexa de Chapela. A actuación previsiblemente consistirá no derrubamento dun dos muros posteriores do centro e a realización de diferentes obras para avanzar na ampliación da Autoestrada. Estes traballos deben rematar antes de que arranque o novo curso atendendo o compromiso de Fomento de non traballar en períodos lectivos.

As clases remataron e agora chegan as máquinas. Tal e como así estaba comprometido con Audasa e Fomento, aproveitarase o período estival para realizar os primeiros traballos de ampliación que afectan a este centro educativo cuxo futuro a medio prazo será ser derrubado na súa totalidade. Estas primeiras incursións no terreo do colexio consistirán na retirada dun muro do patio traseiro e deben rematar antes de setembro. Para garantir a seguridade existe tamén o compromiso de que técnicos municipais revisen o edificio antes de iniciar o curso. A comunidade educativa vive con resignación estas obras pero tamén, como apunta a directora do centro, Herminia Bote, “con esperanza pola construción do novo colexio” que debería estar en funcionamento como data límite no ano 2021 “aínda que confiamos en que ese prazo se acurte”. O novo colexio construirase na “Finca da Ginaria”, un terreo de 34.000 metros cadrados ubicado na zona de Cidadelle.    

Herminia Bote Directora Colexio
As obras comezarán esta mesma semana
Obras en periodo non lectivo
Para garantir a seguridade dos nenos
Acurtar os prazos
Confían en que o novo centro estea operativo antes do 2021

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará