Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agrolimpiadas, música e xantar popular na IX Festa do Viño da Casa de Saxamonde

RR_Noticias

A Asociación do Centro Social Deportivo e Cultural “Chan das Pipas” organiza a IX Festa do Viño da Casa, que terá lugar os días 2 e 3 de xullo e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Unha degustación de viño que poderá acompañarse de polbo e empanada a prezos populares.

Desde a Asociación consideran que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán, ademais de contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que “serven para facer parroquia”. Esta IX Festa do Viño da Casa conta cunha programación que arrancará o sábado coa apertura das casetas de degustación ás 12:00 horas. Pola tarde o grupo folklórico Asubíos de Cedeira, o grupo de baile moderno Falcatruada de Vilar e as pandereteiras Follas Verdes de Vilar e Arela de Saxamonde amenizarán unha xornada que rematará coa música do Dúo Alma ás dez da noite. Xa no domingo haberá sesión vermú amenizada polo grupo Airiños de San Simón de Cesantes que dará paso a un xantar popular nas mesas do Chan das Pipas. Pola tarde, unha das citas máis esperadas, as tradicionais agrolimpiadas (con probas divertidas para maiores e nenos) pecharán a festa deste ano. A festa conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela así como da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde.  

Agrolimpiadas
Unha probas que centran a atención e participación do público na tarde do domingo
J. Tornero Asociación Chan das Pipas
Facer parroquia
Modesto Campos Asociación Chan das Pipas
Fálanos do programa do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará