A X edición do festival que organiza a Asociación Cultural deportiva de Rande presenta como cabeza de cartel á veterana música de rock Zenzar que estará acompañada pola Banda de Nash, Xenderal e os moañeses The Borke. Unha cita musical de balde este venres ás 22:00 horas nunha carpa instalada na Finsca do Alemán nas inmediacións do Meirande.
Un espazo emblemático e privilexiado para gozar da música que soará esta noite na X edición do Festival Arde Rande da man dos catro grupos invitados. Cae do cartel o gañador deste ano do concurso de maquetas (Spoonful) que é substituído polo grupo de Moaña The Borke, banda de rock que ven de gravar a súa primeira maqueta. O pop rock da banda de Nash e a música “ragga” deXenderal completan un cartel que conta tamén con Zenzar, banda de Cerceda pioneira no rock en galego con máis de 25 anos na escena.