O prazo de inscrición no II Torneo Amateur de Fútbol-praia de Cesantes non remata ata este venres pero todo apunta a que se superarán os 14 equipos que xa participaron na primeira edición. O torneo disputarase ao longo do sábado e domingo e dende a organización animan aos amantes do deporte a participar dunha “modalidade deportiva moi divertida para os que a practican e moi vistosa para o espectador”.
O areal de Ceasntes acolle este fin de semana a segunda edición dun Torneo organizado por amantes deste deportes en colaboración co Club Deportivo Cesantes e o pub “El patín”. Con premios en metálico para os tres primeiros clasificados, dende a organización espérase poder alcanzar os 24 equipos. A idade mínima para poder participar é 16 anos (até os 18 é necesario presentar unha autorización dos pais para poder xogar) e os equipos, que poden ser mixtos (masculino e feminino) teñen que ter un mínimo de seis xogadores e un máximo de doce. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres, día no que se celebrará o sorteo no local colaborador ás 20:00 horas. A cota de inscrición é de 100 euros (a ingresar na conta ES60-2080-5209-4830-4001-4561 de Abanca co nome do equipo e un número de contacto).