O concesionario será o novo patrocinador do balonmán Chapela para a tempada 2016-2017. Unha empresa que levaba xa catro anos colaborando co equipo e que pasa a ser o seu principal benefactor. O equipo presentaba onte as súas novas fichaxes, os irmáns Tsibanev e o xogador Pablo Vidal.
A sede do concesionario Rodosa en Vigo acollía onte a presentación oficial do acordo de patrocinio para a vindeira temporada así como a presentación dos novos xogadores do equipo que adestra Fran Teixeira. As novas fichaxes, que chegan co obxectivo de colaborar para lograr acceder á fase de ascenso e se e´posible o tan desexado ascenso a División de Honra prata, son Alexandre Tsibanev e o seu irmán Sergey e o xogador Pablo Vidal Galiano.
Un club que está inmerso ademais na elaboración do programa de actos conmemorativos que van desenvolver na próxima tempada coincidindo co seu 50 aniversario.