O recinto estreábase o sábado en paralelo cunha campaña de concienciación sobre a importancia da recollida de excrementos e o reparto de bolsas. O novo parque, segundo que funciona neste concello orientado ás mascotas, ten unha superficie de 900 metros cadrados e está instalado na parcela situada sobre o túnel do AVE, na Avenida Castelao. O concello estuda a construción dun acceso ao paseo marítimo para conectar así as dúas zonas caninas da localidade
Como é costume neste tipo de espazos, instaláronse diversos elementos de divertimento para os cans, ademais de colectores para residuos, bolsas para a recollida de excrementos e bancos para que os responsables dos animais poidan descansar mentres xogan as súas mascotas. Todo iso dentro dun recinto valado e con dobre entrada para garantir a total seguridade dos cans. Do mesmo xeito, instalaranse paneis informativos á entrada do parque para concienciar aos usuarios da necesidade de contribuír ao bo uso e mantemento do mesmo.
Nun futuro dotarase ao recinto dunha zona de sombra tanto para as mascotas como para os seus donos. Ademais, xa se están valorando posibles melloras como a construción dun acceso ao paseo marítimo e poder conectar así as dúas zonas caninas da localidade.
A instalación deste novo parque canino marca o inicio da campaña de concienciación cidadá sobre a necesidade da recollida de excrementos caninos impulsada polo Concello de Soutomaior. Unha iniciativa que ademais de proporcionar información aos donos de cans inclúe a repartición de bolsas e accesorios cairos entre os usuarios do parque.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, afirmou que “para Soutomaior é unha gran honra ter veciños tan implicados no benestar das súas mascotas e desde o Concello estamos encantados de poder apoiar esta clase de propostas. Desde hai uns anos propuxémonos buscar lugares idóneos en espazos verdes para instalar este tipo de parques e que os propietarios de mascotas teñan á súa disposición un recinto seguro para gozar delas”.