Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Marchas critican a ausencia do PP nun debate sobre a creación dunha bolsa de vivendas sociais

RR_Noticias

Malia estaren convidados e ter confirmada a súa presenza, ningún representante do PP asistiu a esta reunión convocada polas Marchas da Dignidade de Redondela e na que si estiveron presentes o resto dos grupos da corporación (PSOE, AER, BNG e a concelleira non adscrita). Unha xeira de reunións que buscan crear unha bolsa de vivendas de emerxencia social para a atención de situacións puntuais e urxentes na que se incluirían as vivendas xestionadas pola administración local xa sexa en propiedade ou cesión de uso.

Estas xuntanzas xorden pola inquedanza que dende as Marchas mostran ao un problema real como é o da vivenda ao non existir en Redondela vivenda social. Así o comprobaron logo de entrar en contacto cunha parella que están a esperar un fillo e que ían ser desaloxados da vivenda que estaban a ocupar. Unha difícil situación que acadou no último momento unha solución gracias á disposición dunha casa da Comunidade de Montes de Cabeiro.
Foi a raíz dese caso que as marchas convocaron a primeira das xuntanzas no mes de marzo. Nesa ocasión asistía en representación do PP, Carmen Amoedo que, segundo explican dende as Marchas, teríase comprometido a recompilar información no concello e noutras administracións para elaborar un inventario de propiedades que puideran ser destinadas a vivenda social. “Nestes tres meses a concelleira do PP limitouse a enviar un mail comentando que se iniciaran contactos para acadar a posible cesión do uso de algunha das vivendas dos mestres en Redondela e dalgunha parroquia que estaban sen uso”.
O pasado xoves volvéronse reunir mais os populares non acudiron a esta xuntanza.
Nesa xuntanza buscábase “informar e animar a que todos os grupos fagan as súas achegas que serán avaliadas co fin de conseguir un texto consensuado e que saia aprobado por todos, para a creación dunha Oficina Municipal de Vivenda que conte cunha bolsa de vivendas de emerxencia social para a atención de situacións puntuais e urxentes na que se incluirán as vivendas xestionadas pola administración local xa sexa en propiedade ou cesión de uso como puideran ser as antigas casas de mestres, vivendas de particulares cedidas por un período de tempo e as vivendas integradas no Programa de vivendas baleiras promovido pola FEGAMP e IGVS ao que está recén adherido o concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará