Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia atrasos no reparto de comida a familias necesitadas con menores

RR_Noticias

Explican dende o PSOE que as familias con menores ao seu cargo e en situación de necesidade tiveron que esperar case un mes para comezar a recibir o reparto de comida. Acusan ao PP de actuar neste ámbito de xeito improvisado e critican a fórmula empregada por delegar este servizo en Cáritas.

Os socialistas denuncian tanto a tardanza como a fórmula empregada para a comida no verán dos nenos e nenas de Redondela. Afirma a edil socialista Digna Rivas “todos os anos, tardan case un mes en empezar a repartir a comida aos menores dende o remate das clases. Asi segundo explica “durante o tempo de remate do comedor escolar ata que comeza o reparto, moitos menores da nosa vila quedan desprotexidos” xa que “a fórmula empregada polo PP non só é produto da improvisación, senón que todos os anos desenténdense mediante deixadez de funcións que teñen que suplir ONG´s”. Ao seu entender estas últimas poden ser complementarias ao labor que desenvolven as administracións públicas “pero nunca substituír  aos servizos sociais que teñen capacidade, preparación e información precisa para facer fronte a este tipo de situacións”.
Explican dende o PSOe que o ano pasado aprobouse en pleno unha moción presentada por eles para que o Concello de Redondela xestionara exclusivamente dende a administración pública, un “Plan de Apoio Permanente á Alimentación Infantil en Períodos non Lectivos” de carácter inmediato e para cubrir durante todo o ano co obxecto de garantir que aquelas familias con menores ao seu carto e que se atopen en situación de necesidade, teñan cubertas tres comidas completas ao día.
Malia aprobarse por unanimidade, os socialistas amosan a súa preocupación debido a que “o concello non comezou dito plan nin nas vacacións de Nadal, de semana santa ou verán”. Os socialistas consideran que “xa é grave que o PP incumpra acordos plenarios, pero moito máis cando este incumprimento afecta directamente aos nenos e nenas de familias con poucos recursos na súa alimentación básica”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará